RCD / NOVAS

Andone advirte que "o que nos imos a atopar na liga será moi diferente"

05/08/2017 23:39

Florin Andone atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro branquiazul opina que "fixemos un bo partido. Dominamos ao rival desde o primeiro minuto ata o último".

Recoñece que a expulsión de Livermore, no minuto 40 de xogo, "condiciona a favor noso. Favorécenos bastante porque xa de seu estaban antes moi atrás. Con dez ao final nin saían. Foi un partido moi cómodo, xogamos bastante a gusto".

Iso si, advirte o internacional romanés que o que se viu esta noite "non é a realidade. O que nos imos a atopar na liga será moi diferente ao que nos atopamos hoxe".