RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Andone: "O Dépor ofréceme tranquilidade, benestar e saber que podes mellorar"

Florin Andone quixo despexar esta mañá na sala de prensa de Abegondo calquera dúbida sobre o seu futuro: "Falei con Pepe (Mel) onte mesmo. Manifesteille a miña idea de estar aquí. Quédanme catro anos de contrato, o Club non contempla que eu salga agora mesmo".

Nesta liña, asegura que está "moi comprometido co Deportivo, moi comprometido co equipo, con moitas ganas de facer as cousas mellor que o ano pasado, se cabe".

Reitera sentirse na Coruña como "na miña casa. Síntome querido por parte da directiva, por parte dos meus compañeiros, por parte da afección, que en todo momento estiveron comigo, sobre todo nos momentos malos, porque nos bos é sinxelo e fácil que estean ao teu lado".

Andone advirte que "quero estar aquí e xogar aquí no Deportivo esta temporada e as que me restan de contrato". "O que me ofrece o Dépor e o que eu sentín aquí o ano pasado non creo que mo poida ofrecer ninguén. É a tranquilidade, o benestar, sentirme querido e saber que podes mellorar aquí", engade.

Por este motivo, "é de agradecer que equipos bos doutras ligas interésense por ti, pero a miña cabeza está no Deportivo. Quero crecer aquí, quero ter minutos, quero xogar. O ano pasado xa xoguei bastante e quero repetir poder participar igual ou máis. Quero estar aquí. Non contemplo unha opción de saír. Ten que chegar algo irrechazable para o Club, que neste caso sería a clausula de rescisión. Estou tranquilo aquí".

A nivel individual, o reto do dianteiro deportivista é "superarme. Non por dicir 'metín 14 goles'. É eu por sentir que teño mellora, que vexa que ano tras ano podo crecer, e que de momento non teña un límite".