RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Andone: "Estou seguro de que o imos a sacar, estou convencido"

Florin Andone compareceu na sala de prensa de Abegondo esta tarde, após o adestramento do Deportivo na Cidade Deportiva.

O dianteiro deportivista define ao Alavés, rival este sábado 17 de febreiro en Mendizorroza (18:30 horas, Bein LaLiga), como "un equipo que aperta moito, moi físico. Van ir a por todas. Queren tentar matarnos e van ir a gañar o partido. Nós teremos que poñerlles as cousas moi difíciles, teremos que facer o noso fútbol e imos coa mentalidade de facer un bo partido e levarnos os 3 puntos".

O internacional romanés asegura que "estamos a traballar día a día para corrixir cousas, para mellorar nas cousas que non fixemos tan ben até agora. Creo que aos poucos imos coller esa fortaleza que o míster nos transmite, e esas cousas que el quere corrixir. Ao equipo o vexo cada día mellor. Esperemos que se transmita no campo".

Pide Andone de cara a este tramo decisivo da competición estar "todos xuntos, a xente que estamos aquí, traballadores do Club, xogadores, corpo técnico... Temos que estar unidos, facernos fortes e sacar isto adiante. Non nos vai a axudar ninguén máis".

Promete ao deportivismo que "imos traballar a matar, imos dalo todo até o final, e o que Deus queira. Pódoche asegurar que o que estea nas nosas mans ímolo a tentar até o último minuto. Estou seguro de que o imos a sacar, estou convencido. O equipo vaino a dar todo, está a dalo todo. Algún día ten que saír o sol tamén para nós".

Preguntado por Clarence Seedorf, explica que ao técnico holandés "hai que darlle o seu tempo. Vén con moitísima ilusión, con moitísimas ganas. Estamos a traballar moito tácticamente para mellorar cousas. Está a facer un traballo moi bo. Para a xente só reflíctese nos resultados e como xoga o equipo a fin de semana. Vén con máxima ilusión, estamos moi a gusto con el. Imos ir a matar até o final. Todos xuntos remar na mesma dirección e sacar isto adiante".

Insiste en que os xogadores "queremos salvar ao equipo. Ímolo a dar todo até o final. Por nome somos bos xogadores pero hai que demostrar no campo. Até agora non tivemos os mellores premios que puidemos buscar pero quédannos 15 partidos máis, 15 batallas por diante, 15 finais nas que temos que dalo todo. Estou seguro que coa ilusión nova, co adestrador novo, con todas as cousas que estamos a traballar día a día ímolo a sacar".

Subliña que "cada partido que imos xogar a partir de agora é unha final para nós. Estou seguro de que o imos a sacar. Non quero baixar a Segunda e asegúroche que ninguén quere baixar a Segunda aquí. Ímolo a sacar. Estou seguro".