RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Andone: "Oxalá haxa cheo no Estadio, porque seguro que o imos necesitar"

Florin Andone foi hoxe luns o protagonista na sala de prensa de Abegondo. Asegura estar centrado no partido deste mércores 5 de abril en Riazor ante o Granada CF (20:30, Bein Sports): "Perdemos onte 3-0, un resultado bastante grande. Non creo que é un resultado xusto. Xa está pasado. Estamos a pensar no partido de Granada. Estamos fortes, con ganas, en casa. Un partido máis coa afección onde os últimos partidos xogamos bastante ben. Esperamos gañar. É unha final para nós", manifestou.

Ve a loita por evitar o descenso moi igualada: "Todo o mundo quere gañar, todo o mundo quere salvarse. Ninguén se dá por vencido. Eu non teño ningunha dúbida, somos un equipo para estar un pouco máis arriba. Danse moitas circunstancias no fútbol para que nós non esteamos máis arriba. Temos cadro e condicións para salvarnos tranquilamente. Non estou nada preocupado, nin eu nin os meus compañeiros nin ninguén. Ímolo a facer ben seguro".

Asegura que formando parella con Joselu onte en Mestalla, salvando loxicamente o resultado, "fixémolo bastante ben. Entendémonos moi ben. Enlazamos moito xogo os dous xuntos. Creo que foi, do que xogamos xuntos, o mellor partido que conectamos. Entendémonos tanto defensiva como ofensivamente. Creamos perigo, tentamos facer xogadas. Pero é un 3-0 e a xente ao final se guía por iso".

A nivel particular, e despois de varios partidos sen ver portería, desexa que "volva a serie positiva contra o Granada, que é o meu gran amigo. Tiven moita sorte de, case sempre xogar contra eles, meterlles gol. Ao final que volva a xeira con eles. A parte dos goles que metín, estou a achegar outro tipo de cousas tamén. Iso valórase. E o corpo técnico creo que está bastante contento co meu traballo".

Lembra que o Granada "é un equipo de Primeira División. É un equipo complicado, que se está xogando a vida. Vai vir moi necesitado, ao cento por cento, e coa mentalidade de gañar. Pero nós temos a mesma mentalidade ou máis mesmo que eles. Temos que facernos fortes en casa".

Sostén por este motivo que a afección "ten que saber da importancia deste partido. É un momento especial para que todo o mundo estea ao noso lado. Oxalá haxa cheo no Estadio, porque seguro que o imos a necesitar. Nós traballamos moito pero a afección é moi importante tamén. Gañando ao Granada tes o 50% da salvación encamiñada".