RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Andone, Trofeo ao Xogador Estrela, cre que o Dépor ''vai dar moito que falar este ano''

  Florin  Andone se presentó na sala de prensa do Estadio de Riazor co Trofeo ao Xogador Estrela, outorgado esta noite ao mellor xogador da 71 edición do Trofeo Teresa Herrera por votación entre os medios de comunica

Autor do primeiro gol do partido, confesou estar "contento primeiro por ter a oportunidade de xogar os minutos que me ofreceu o adestrador, coller minutos aos poucos. Levo poucos días adestrando e a verdade que me custa bastante. É aos poucos coller o ritmo". Subliña neste sentido que fisicamente está "ao 70 por cento". 
 
Mostrouse ademais feliz polo recibimento da afección de Riazor, "un público moi quente, un público que nos apoiou en todo momento. Pero creo que o equipo estivo a un gran nivel, estivo a tocar moi ben, en varios momentos do partido tivemos moi controlado o partido".
 
Cre que o Dépor "vai dar moito que falar este ano" e por iso pide á afección "que nos apoie ata o final".