RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Andone, Tytoń e Pantilimon, xa en Abegondo esta mañá

Tres dos internacionais do Deportivo regresaron a Abegondo tras as súas concentracións coas súas seleccións.

Exercitouse con normalidade Przemysław Tytoń, que non chegou a saltar ao céspede nin un minuto con Polonia nos dous partidos.

Florin Andone, que xogou completo o primeiro partido e 64 minutos do segundo, realizou esta mañá unha sesión de recuperación, que acabou na padiola de masaxe.

Finalmente Costel Pantilimon, unha vez superado o recoñecemento médico, pasouse pola Cidade Deportiva para coñecer aos seus compañeiros, visitar a que será a súa nova casa durante esta temporada e, de paso, saudar aos técnicos.

Esta tarde, o porteiro internacional romanés realizará unha primeira sesión de adestramento, ás 17:00 horas ás ordes do preparador de porteiros, Manu Sotelo.

O resto do cadro, con Carles Gil de permiso e Rubén traballando co readaptador Fran Molano, realizou un quecemento e exercicios tácticos de defensa de centros laterais, saída da defensa, presión...

Estiveron hoxe ás ordes de Pepe Mel os fabrilistas Edu Expósito, Francis e Álex Cobo; e Adrián Castro, este cedido no Laracha CF.

Mañá xoves, o primeiro equipo está citado ás 10:30 horas en Abegondo. Ao finalizar a sesión, futbolistas, técnicos e auxiliares gozarán dun asado na propia Cidade Deportiva.