RCD / NOVAS

Andrade, convocado por Scolari para disputar dous partidos oficiais con Portugal

Jorge Andrade foi convocado por Scolari para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa 2008. O sábado 24 de marzo, Portugal recibirá en Lisboa a Bélxica. O mércores 28 agardará Serbia en Belgrado.

09/03/2007 12:12

Ademais do central deportivista, o Club recibiu xa a convocatoria de Estoyanoff, que cumprirá o seu partido 26 con Uruguai. Será nun amigable ante Corea o vindeiro sábado 24 de marzo.

Máis novas de: ANDRADE, ESTOYANOFF

RCD / Noticias Relacionadas

10/07/2007 21:22 |

Andrade: Grazas a todos. Fun moi feliz no Deportivo

As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos malos momentos.

06/07/2007 20:26 |

Deportivo e Juventus chegan a un principio de acordo para o traspaso de Jorge Andrade

O Real Club Deportivo e a Juventus chegaron hoxe a un principio de acordo para o traspaso do futbolista portugués Jorge Andrade ao cadro italiano. O internacional portugués desprazarase nos próximos días a Turín para formalizar a súa incorporación ao histórico club italiano. Jorge Andrade chegou ao Deportivo na tempada 2002-03 procedente do O Porto de Portugal. Disputou no Deportivo un total de 157 partidos oficiais entre Liga, Champions League, Copa Intertoto e Copa do Rei e anotou tres goles, un deles, ante o Newcastle en Riazor na Copa Intertoto da tempada 2005-06, de moi bela factura.

25/05/2007 13:24 |

Estoyanoff: O club non nos debe ningunha mensualidade e estamos totalmente ao día

Estoyanoff foi un dos futbolistas que compareceu na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O internacional uruguaio asegura que é feliz na Coruña, que se quere quedar no Deportivo e confirma que "o Club non nos debe mensualidade algunha. En decembro houbo o tema dos pagarés que xa está solucionado e estamos totalmente ao día". Sobre o partido, Estoyanoff asegura que o Dépor está capacitado para lograr o tres puntos no Santiago Bernabéu.