RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Andrade e Valerón fan autocrítica

Jorge Andrade e Juan Carlos Valerón compareceron esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". O central portugués fixo exercicio de autocrítica respecto ao empate de onte domingo ante o Real Racing Club en Riazor: "E

O internacional canario está convencido de que as cousas cambiarán, sobre todo en Riazor. "Seguro que pronto melloraremos", concluíu. Opinión que corraboró Andrade: "Temos persoal e calidade para facer mellor as cousas".
Respecto ao partido do próximo xoves en Riazor (21 horas) pertencente aos oitavos de final da Copa do Rei, tanto Andrade como Valerón afirman que non son significativos os resultados de onte do Dépor e do Atlético (vitoria colchoneira por tres tantos a cero ante o Athletic de Bilbao): "Son dúas competicións diferentes e por tanto non quere dicir nada o de onte", opinan os dous futbolistas do Dépor. Iso si, Valerón advirte que o xoves é importante non encaixar goles, "porque un empate con goles deixaríanos fóra da eliminatoria".

Andrade, que podería ter enfronte a Fernando Torres, cualifica ao dianteiro madrileño como "un bo xogador, que está nun equipo, que, a pesar de estar uns anos en Segunda, é un gran club, como moitos seguidores e que desata moitas paixóns".

Por último, comprende Valerón os asubíos de onte do público de Riazor: "A verdade é que estivo descontento connosco durante moitos minutos" e asegura que lle desbasten os pitos que recibiu Diego Tristán: "É un gran xogador ao que lle poden afectar. Pero espero que nós pronto podamos cambiar a situación para que todos esteamos máis contentos", concluíu Valerón.