RCD / NOVAS

Andrade: Estou seguro que o ano que vén imos mellorar

Jorge Andrade compareceu esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Recoñeceu que o equipo estivo "ben" na Copa, pero "o Sevilla foi bastante superior a nós en todo". O internacional cre que o equipo "vai mellorar o ano que vén" e, preguntado sobre o seu futuro, contestou: "Eu véxome no Dépor. Teño dous anos de contrato". Ademais, Andrade, e sempre o fai en cada aparición pública, asegura que está feliz na Coruña: "Estou moi contento aquí, neste Club que mo deu todo en España".

11/05/2007 13:18

Máis novas de: ANDRADE

RCD / Noticias Relacionadas

10/07/2007 21:22 |

Andrade: Grazas a todos. Fun moi feliz no Deportivo

As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos malos momentos.

06/07/2007 20:26 |

Deportivo e Juventus chegan a un principio de acordo para o traspaso de Jorge Andrade

O Real Club Deportivo e a Juventus chegaron hoxe a un principio de acordo para o traspaso do futbolista portugués Jorge Andrade ao cadro italiano. O internacional portugués desprazarase nos próximos días a Turín para formalizar a súa incorporación ao histórico club italiano. Jorge Andrade chegou ao Deportivo na tempada 2002-03 procedente do O Porto de Portugal. Disputou no Deportivo un total de 157 partidos oficiais entre Liga, Champions League, Copa Intertoto e Copa do Rei e anotou tres goles, un deles, ante o Newcastle en Riazor na Copa Intertoto da tempada 2005-06, de moi bela factura.

25/05/2007 11:49 |

Coloccini volve á Selección Arxentina para un amigable en Suíza

O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.