Andrade: Grazas a todos. Fun moi feliz no Deportivo
As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos mal
Pasaron moitas cousas, boas e malas, desde que un
bo día de verán do ano 2002 cheguei ao Deportivo procedente do O Porto.
Houbo tempadas moi boas, momentos moi alegres como o 4-0 ao
Milan na liga de Campións e momentos tristes como a miña lesión, que
chegou ademais ao pouco de estar eu aquí. Pero sempre, en todo momento,
sentinme a gusto na cidade da Coruña, no vestiario do
Deportivo e neste Club xa Centenario.
Coa cabeza moi alta e coa sensación do deber cumprido
deixo un gran club, o Real Club Deportivo, e voume a outro grande, a
Juventus de Turín para seguir crecendo como persoa e como futbolista.
Ata sempre e Forza Dépor!!!!!!!!!!