O central deportivista Jorge Andrade será homenaxeado esta tarde ás
22.00 horas no pobo de Laiosa, pertencente ao concello lucense do Incio..
Andrade recibirá o agarimo do deportivismo de Lugo pola súa excelente
actuación a tempada pasada, tanto no Deportivo como na Selección de Portugal,
coa que se proclamou subcampión de Europa no último Campionato de Europa
disputado en Portugal.