RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

André Santos e Salomão, presentados ante case medio milleiro de afeccionados

Foto:@patricoruna André Santos e Salomãou foron presentados esta tarde no Estadio de Riazor ante case medio milleiro de espectadores, que ocuparon o seu lugar na Tribuna Inferior. Foto:@Danimendez7

Co equipamento da pasada tempada, o primeiro en saltar ao terreo de xogo foi André. Seguiulle Salomão, aclamado polos entusiastas afeccionados. Tras regalar os seus balóns á bancada, pousaron para os medios gráficos e asinaron autógrafos a pé de pista.

Ambos veñen cedidos polo Sporting de Portugal por unha tempada. No caso de André hai ademais unha opción de compra. "Con Salomão son exactamente as mesmas condicións que a pasada campaña", indicou Augusto César Lendoiro, Presidente do Deportivo, na rolda de prensa posterior ao seu paso polo céspede.