RCD / NOVAS

Andrea Ansede, nova xogadora do Dépor ABANCA B

20/09/2020 10:31

Andrea Ansede Varela (A Coruña, 25 de xullo de 2004) incorpórase ao Dépor ABANCA B procedente do cadete do Orzán SD.

Xogadora moi polivalente, pode actuar en calquera posición, aínda que adoita facelo como central. É habitual ademais a súa presenza en categorías inferiores da Selección Galega. Na temporada 2019-2020 xogou con Galicia sub-17.

Campioa galega infantil co Orzán SD na temporada 2017-2018 (Copa Gallaecia), foi unha das xogadoras máis destacadas do campionato. A temporada pasada disputou todos os minutos de todos os partidos que xogou o cadete aurinegro (8), anotando 6 goles, ademais de 13 titularidades co Orzán A e 4 goles.