RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Angulo será examinado o luns por Rafael Arriaza para ser operado o martes na Coruña

Ramón Barral, un dos médicos do Deportivo, confirmó esta mañana en rolda de prensa no Mundo do Fútbol que Brayam Angulo será examinado este luns polo traumatólogo do Club, Rafael Arriaza, "coa idea de

En canto ao resto de futbolistas lesionados no equipo, a primeira impresión da resonancia magnética á que foi sometido Juca esta mañá no Hospital USP Santa Teresa demostra que está "moi ben". Barral falou ante a prensa coa prudencia de saber que falta aínda o ditame do radiólogo, que será nas próximas horas. "A nosa primeira impresión é moi boa e esperamos que se poida ir incorporando aos adestramentos desde o"luns , engadiu.

Sobre Lopo, que sufriu unha contusión no partido ante o Xetafe, Ramón Barral indicou que se atopa moito mellor: "Hoxe fixo practicamente todo o adestro e só o retiramos ao final por precaución".

Máis sinxelos son os casos  de Lassad, cunha sobrecarga de isquiotibiais; Iván Pérez, que sufriu onte no adestramento unha contusión no seu xeonllo dereito e "hoxe estaba un pouco inflamada"; e Ze Castro, cunha sobrecarga no adductor mediano da coxa esquerda: "Esperamos que con este fin de semana de descanso estea o luns practicamente recuperado", finalizou Barral en referencia ao defensor portugués.

A todos estes lesionados ausentes no adestramento do grupo (Angulo, Juca, Ze Castro, Lassad, Iván Pérez) hai que unir a Juan Domínguez, que non xogou o partidillo final de hoxe por precaución; Bodipo, con leves molestias na íngua; ademais de Gardado, de permiso en México ata o luns; Manuel Pablo, tamén de día libre e o dianteiro Adrián, que hoxe xoga ante Finlandia en Córdoba coa Selección Española Sub-21.