RCD / NOVAS

Anita seguirá un ano máis defendendo a portería do Dépor ABANCA

26/06/2018 13:41

Ana González Rivera, máis coñecida como Anita, continuará nas filas do Deportivo ABANCA na Temporada 2018-2019.

A gardameta é unha das futbolistas que formaron parte do primeiro cadro do Dépor ABANCA, na Temporada 2016-2017. Nas dúas campañas anteriores xogou 16 encontros en Segunda División Nacional, nos que encaixou 10 tantos.

Campioa de España por Autonomías de fútbol praia en 2016, incorporouse ao Club branquiazul durante aquel verán, procedente do Sárdoma CF.