RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

#ANOSACANTEIRA brilla nos torneos amigables desta fin de semana

O Benxamín B que dirixe David Lagar proclamouse campión do Torneo Vila de As Pontes

Infantil A, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B competiron en torneos amigables, con especial mención para o Alevín B, campión nas Pontes e Boiro; e o Benxamín B, subcampión en Boiro e campión nas Pontes.

O Benxamín A acaba cuarto do Torneo Cidade de Vilagarcía

O Benxamín A participou esta fin de semana no campo da Lomba e no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía na sexta edición do Torneo Clae Viaxes Cidade de Vilagarcía.

O equipo deportivista fixo un gran torneo e acabou en cuarta posición.

Os resultados do Benxamín A que dirixe Pablo Barros foron estes:

Sábado 17 de xuño
Primeira Fase
BENXAMÍN A 1 (Jairo) - BADAJOZ 0
BENXAMÍN A 5 (David Sánchez, Rubén, Eli, Marcos e Montes) - PUENTE CASTRO 0
BENXAMÍN A 4 (David Sánchez, Eli, Álex e Bruno) - LAGUNA 0

Domingo 18 de xuño
BENXAMÍN A 6 (Dani -2-, Rubén, Marcos, David Sánchez e David Vergara) - XEITOSA 0
BENXAMÍN A 2 (David Sánchez e Rubén) - SD SOLARES MEDIO CUDEYO 1

Oitavos de final
BENXAMÍN A 5 (David Sánchez, Jairo, Rubén, Bruno e Álex) - RACING DE FERROL 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 4 (Rubén, Dani, Eli e Álex) - ATLÉTICO PERINES 0

Semifinal
BENXAMÍN A 1 (Dani) - DAMM 4

Terceiro e cuarto posto
BENXAMÍN A 0 - ANTIGUOKO 5

O Alevín B fai dobrete: campión onte nas Pontes e hoxe domingo en Boiro

No campo de Vista Alegre de Boiro, hoxe domingo 18 o Alevín B levou con autoridade o Trofeo Concello de Boiro.

Os deportivistas non acusaron o cansazo tras gañar onte sábado nas Pontes.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 6 (Pablo -3-, Adrián, David e Jorge) - CDC SANTA TERESITA 0
RÁPIDO DE BOUZAS 0 - ALEVÍN B 3 (Samuel -2- e Hugo)
ALEVÍN B 0 - CONXO 1

Oitavos de final
ALEVÍN B 2 (Óscar) - XUVENTUDE DE OROSO A 1

Cuartos de final
ALEVÍN B 3 (Álvaro -2- e Zoe) - CALASANZ A 1

Semifinal
ALEVÍN B 1 (Dani) - URAL 0

Final
ALEVÍN B 3 (David, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - SANTA MARIÑA A 1

Onte sábado, o Alevín B adxudicouse a terceira edición do Torneo Vila de As Pontes. Os branquiazuis anotaron 23 goles en 6 partidos e só recibiron 1. Superioridade absoluta do equipo dirixido por Jorge Castro.

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Primeira Fase
SAGRADO CORAZÓN A 0 - ALEVÍN B 3 (Adrián -2- e Jorge)
RAYO SADENSE 0 - ALEVÍN B 3 (Álvaro -2- e Adrián)
NEDA 0 - ALEVÍN B 2 (Jorge e Zoe)

Cuartos de final
ALEVÍN B 7 (Adrian, Dani, Samuel, Hugo, Álvaro, David e Pablo) - VIVEIRO 0

Semifinal
ALEVÍN B 4 (Jorge, Samuel, Hugo e Óscar) - SAGRADO CORAZÓN 0

Final
ALEVÍN B 4 (Lucas, David -2- e Zoe) - MILAGROSA 1

O Benxamín B, prata onte en Boiro antes de vencer hoxe nas Pontes

Hoxe domingo 18, o Benjamín B gañou no campo do Poblado nas Pontes o Torneo Vila das Pontes.

Os branquiazuis superaron a rivais dun ano máis, co que iso supón de diferenza nesta fase de iniciación.

Os resultados do equipo que dirixe David Lagar foron os seguintes:

Primeira Fase
IMPERÁTOR 0 - BENXAMÍN B 3 (Raúl, Nico e Diego)
ÁNIMAS 1 - BENXAMÍN B 4 (Íker, Diego, Nico Ruiz e Eder)
VIVEIRO A 0 - BENXAMÍN B 3 (Anxo -2- e Diego)

Cuartos de final
AS PONTES 0 - BENXAMÍN B 5 (Anxo -2-, Pablo -2- e Diego)

Semifinais
BENXAMÍN 2 (Anxo e Rubén) - IMPERÁTOR 1

Final
BENXAMÍN B 5 (Anxo -2-, Rubén, Diego e Nico) - ONCE CABALLEROS 1

Onte sábado, o Benxamín B foi brillante subcampión do Torneo Concello de Boiro, competición organizada pola SD Abanqueiro.

Ademais, o deportivista Xabi foi nomeado mellor xogador do trofeo.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 2 (Marco e Xabi) - SANTA MARIÑA 1
BENXAMÍN B 1 (Guille) - ATLÉTICO FÁTIMA 0
BENXAMÍN B 3 (Anxo -2- e Raúl) - SANTA TERESITA 0

Oitavos de final
BENXAMÍN B 3 (Borja, Guille e Xavi) - NOIA 1

Cuartos de final
BENXAMÍN B 1 (Anxo) - VAL MIÑOR 0

Semifinal
BENXAMÍN B 1 (Borja) - ABANQUEIRO 1. A penaltis: 4-3

Final
BENXAMÍN B 1 (Nico) - CALASANZ 1. Por penaltis: 1-3

O Infantil A queda a un paso das semifinais da Cerdanyola Cup

O Infantil A caeu hoxe domingo en cuartos de final da Cerdanyola Cup 2017, un torneo de fútbol infantil que se disputou na localidade barcelonesa de Cerdanyola del Vallés.

Tras apear ao Almería en oitavos de final, os deportivistas caeron pola mínima con Osasuna.

Os resultados do Infantil A que dirixe Juan Villamisar neste torneo foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 17 de xuño
INFANTIL A 0 - CORNELLÁ 2
EFB CALAFELL 0 - INFANTIL A 3 (Nils, Chucas e Novoa)
NÀSTIC TARRAGONA 0 - INFANTIL A 2 (Jairo e Álex)

Domingo 18 de xuño
Oitavos de final
ALMERÍA 1 - INFANTIL A 1 (Axel). Por penaltis: 5-3

Cuartos de final
INFANTIL A 0 - OSASUNA 1

O Alevín A cae en oitavos de final do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises

Atlético de Madrid, Eibar, Sevilla e Las Palmas foron os primeiros rivais do Alevín A na 26ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, competición organizada pola Fundación José Ramón de la Morena na que participaron os equipos dos 20 clubs de Primeira División.

A edición deste ano xogouse na Ciudad Deportiva Pamesa Cerámica na localidade castellonenca de Vilarreal.

O conxunto deportivista pasou a oitavos de final como primeiro de grupo. O pasado venres, só caeu no primeiro partido, ante o Atlético de Madrid, e pola mínima. Logo foron todo vitorias.

Onte sábado, os deportivistas dobraron o xeonllo ante un Málaga superior (0-5).

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Venres 16 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN A 0 - ATLÉTICO DE MADRID 1
ALEVÍN A 2 (Domínguez e Mella) - LAS PALMAS 0
ALEVÍN A 3 (Carlos, Domínguez e Mella) - SEVILLA 0
ALEVÍN A 4 (Javi, Marco Baña, Carlos e Noah) - EIBAR 1

Sábado 17 de xuño
Oitavos de final
ALEVÍN A 0 - MÁLAGA 5