RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSACANTEIRA competirá esta Semana Santa por toda España, Francia e Portugal

Os equipos de #ANOSACANTEIRA, desde o Xuvenil B até o Benxamín B, disputarán diversos torneos durante o parón ligueiro de Semana Santa, que os levarán a desprazarse por toda España e mesmo ao estranxeiro, pois tres conxuntos competirán en Francia e Portugal.

Salvo o Xuvenil A, todos os demais equipos de #ANOSACANTEIRA disputarán torneos lonxe da Coruña durante o mes de abril, co seguinte calendario:

- Xuvenil B: Oviedo Cup (18 ao 21 de abril, en Oviedo)
- Cadete A: Torneo Cesaraugusta (18 ao 21 de abril, en Zaragoza)
- Cadete B: Mondial de la Sainte-Pierre (17 ao 20 de abril, en Nantes, Francia)
- Infantil A: miBalón International Cup (18 ao 21 de abril, en Calpe, Alacante)
- Infantil B: Torneio Internacional Clube Atlético e Cultural (17 ao 21 de abril, en Lisboa, Portugal)
- Alevín A: Oviedo Cup (18 ao 21 de abril, en Oviedo)
- Alevín B: IberCup (11 ao 19 de abril, en Cascais, Portugal)
- Benxamín A: Íscar Cup (18 ao 20 de abril, en Íscar, Valladolid) e Torneo Vila de Caldas (21 de abril, en Caldas de Reis, Pontevedra)
- Benxamín B: Mundialito (13 ao 21 de abril, en Cambrils, Tarragona)

Para todos os rapaces, ademais da experiencia das viaxes e concentracións, súmase a posibilidade de medirse ante moitos dos mellores clubs de España e de Europa.

O Alevín B, na IberCup que se celebrará en Cascais, preto de Lisboa (Portugal), terá enfronte a conxuntos como Juventus, Real Madrid, Atlético de Madrid, FC Porto, Benfica ou Gremio de Porto Alegre. Tamén a Lisboa desprazarase o Infantil B, que se medirá ás máis potentes escuadras portuguesas, como o FC Porto ou o Sporting Braga, ademais do Odense danés.

O Cadete A, que disputará o prestixioso Torneo Cesaraugusta que organiza o club Stadium Casablanca, enfrontarase no seu grupo ao Zaragoza e ao Osasuna, pero o outro o conforman o anfitrión, o Celta de Vigo e o Spartak de Moscova.

O Benxamín A estará un ano máis presente na prestixiosa Íscar Cup, na que estarán todas as canteiras dos grandes clubs nacionais, como Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid, Valencia, Sevilla, Espanyol ou Villarreal, ademais do Paris Saint-Germain ou o PSV Eindhoven.

Xuvenil B e Alevín A participarán na Oviedo Cup, macrotorneo que se disputa nada menos que en 10 categorías, no que os primeiros terán enfronte a equipos como o Athletic de Bilbao, o Espanyol ou o Valladolid, e os segundos ao FC Porto, ao Real Sociedad ou ao Rayo Vallecano.