RCD / NOVAS

#ANOSACANTEIRA, en crecemento continuo, pecha a temporada con doce títulos

02/07/2017 11:13

#ANOSACANTEIRA concluíu onte sábado unha longa temporada que arrancou hai case 12 meses. Márchase de vacacións e faino en continuo crecemento en todos os aspectos, e cun equipo máis, o Deportivo Abanca B, que compite na Primeira División Feminina.

Os case 300 xogadores repartidos en 12 equipos lograron un total de 12 títulos oficiais, repartidos da seguinte forma:

Fabril: Grupo 1º de Terceira División
Infantil A: Grupo 1º da Liga Galega e Copa Galicia
Infantil B: Grupo 1º da Primeira División Autonómica
Alevín A: Primeira Comarcal A Coruña, grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once e campión galego do Trofeo Luis Calvo de fútbol once
Alevín B: Segunda Comarcal A Coruña e Grupo 1º da Segunda Fase
Benxamín A: Primeira Comarcal A Coruña e Fase Norte do Campionato Galego
Benxamín B: Segunda Comarcal A Coruña

Ademais, os equipos pasearon o nome e as cores do Club por toda España (Zaragoza, Almería, Azpeitia, Oviedo, Salamanca, Barcelona, Maspalomas...) e Europa (Alemaña, Italia, Francia...) en decenas de torneos amigables disputados, moitos deles con éxito.

Abegondo bota o peche, pero por pouco tempo. O próximo 11 de xullo arranca o Fabril, o primeiro equipo de categorías inferiores en comezar os adestramentos.

O RC Deportivo quere agradecer o esforzo e profesionalidade de técnicos, delegados, utileros, médicos, fisioterapeutas, psicólogos e persoal de apoio (cafetaría, lavandaría, limpeza, xardinaría, seguridade...) que durante tantos meses converte a Cidade Deportiva de Abegondo nunha auténtica fábrica de futbolistas, todos co desexo de vestir algún día a camiseta do primeiro equipo.