RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA entra en xogo en Cascais e Tarragona; e prepárase tamén para a Oviedo Cup

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA entraron en xogo hoxe luns nos torneos amigables de Cascais (Ibercup) e Tarragona (Mundialito de Cambrils).

Ademais, outros dous equipos, Xuvenil B e Alevín A, xa coñecen o seu calendario da Oviedo Cup, que este ano alcanza a súa XIV edición.

Infantil A e Alevín B arrincaron a Ibercup de Cascais (Portugal)

O Infantil A e o Alevín B representan ao Club na prestixiosa Ibercup de Cascais (Portugal), desde hoxe luns 15 de abril.

Así, o Infantil A ten como rivais na Primeira Fase ao Blackburn Rovers FC, Hapoel Herzliya, FC Seth Academy e CF Os Belenenses.

Esta tarde, caeu (4-2) ante CF Os Belenenses no debut branquiazul no torneo.

Mañá martes 16 de abril, os deportivistas mediranse ao Hapoel Herzliya israelí e Blackburn Rovers inglés.

O calendario de partidos, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 15 de abril
CF OS BELENENSES 4 - INFANTIL A 2 (Noah e Mella)

Martes 16 de abril
12:00: INFANTIL A - HAPOEL HERZLIYA, no campo Dramático
17:40: BLACKBURN ROVERS - INFANTIL A, en Jamor

Mércores 17 de abril
13:30: INFANTIL A - FC SETH ACADEMY, en Jamor

O primeiro de grupo clasifícase á Super Grupo Ouro; o 2º e 3º pasa ao Play Off Prata; e o 4º e 5º ao Play Off Bronce.

Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase cun equipo sueco, o FC Djursholm; e 3 portugueses: Boavista FC D, AD Oeiras e EF Benfica Olivais D.

Hoxe, os pupilos de Luis Pastur debutaron cun claro triunfo (9-1) contra os suecos. Mañá martes agardan o Boavista FC D e o EF Benfica Olivais D.

O calendario de partidos do Alevín B, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 15 de abril
ALEVÍN B 9 (Diego -3-, Rubén Trillo, Pablo, Eder, Leandro, Nico Ruiz e Íker) - FC DJURSHOLM 0

Martes 16 de abril
10:30: BOAVISTA FC D - ALEVÍN B, en Hipódromo Cascais
16:40: ALEVÍN B - EF BENFICA OLIVAIS D, en Jamor

Mércores 17 de abril
11:10: AD OEIRAS - ALEVÍN B, en Jamor

O primeiro de grupo clasifícase á Super Grupo Ouro; o 2º e 3º pasa ao Play Off Prata; e o 4º ao Play Off Bronce.

Primeiras vitorias do Benxamín B no Mundialito Costa Daurada

O Benxamín B do Dépor arrancou hoxe luns 15 de abril con 2 triunfos o Mundialito Costa Daurada en Tarragona, ante Halcones Watsonville FC (28-0) e Sant Pau Apóstol (1-7).

Mañá martes, os branquiazuis teñen como rival ao EFB UD Salou e o mércores ao Levante UD, co que concluirá esta Primeira Fase.

O calendario de partidos do Benxamín B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Luns 15 de abril
BENXAMÍN B 28 (Iago Lameiro -6-, José Quiroga -6-, Lucas Vázquez -4-, Pablo -4-, Raúl -3-, Iago Varela -2-, Rodrigo -2- e Hugo) - HALCONES WATSONVILLE FC 0
SANT PAU APÓSTOL 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, José Quiroga -2-, Nico e Pablo)

Martes 16 de abril
17:00: BENXAMÍN B - EFB UD SALOU, en Salou (campo 10)

Mércores 17 de abril
16:00: LEVANTE UD - BENXAMÍN B, en Cambrils (campo 2)

O campión de grupo e os tres mellores segundos dos 5 grupos pasan á Fase Ouro, que desde cuartos de final xógase o xoves 18 de abril a partir das 15:00 horas en Cambrils.

Os dous peores segundos, os terceiros de grupo e o mellor cuarto clasificado acceden a unha Fase de Prata, que arranca o xoves 18 ás 15:00 en La Selva del Camp.

Finalmente, os restantes cuartos clasificados dos 5 grupos e os quintos disputan unha Fase Final Bronce, o xoves 18 a partir das 15:00 horas en Riudoms.

Xuvenil B e Alevín A competirán na Oviedo Cup 2019

O Xuvenil B e o Alevín A participan esta semana Santa na XIV edición da Oviedo Cup.

O Xuvenil B quedou emparellado na Primeira Fase co Astur CF, ED Moratalaz, SDCR La Corredoria e RCD Espanyol.

O seu calendario inicial é o seguinte:

Xoves 18 de abril
16:30: ASTUR CF - XUVENIL B, no campo de HFE Tensi
18:45: XUVENIL B - ED MORATALAZ, no campo de HFE Tensi

Venres 19 de abril
11:15: XUVENIL B - SDCR LA CORREDORIA, no campo Hermanos Llana
17:30: RCD ESPANYOL - XUVENIL B, no campo de HFE Tensi

Os dous primeiros clasificados acceden posteriormente á Oviedo Cup Ouro; o 3º á Oviedo Cup Prata; o 4º á Oviedo Cup Bronce; e, finalmente, o 5º á Oviedo Cup Consolación.

Pola súa banda, o Alevín A enfrontarase en primeira instancia co Astur CF, Rayo Ciudad Alcobendas B, Atlético Lugones e CD Parquesol, con este calendario de partidos na Primeira Fase:

Xoves 18 de abril
17:45: ASTUR CF - ALEVÍN A, en Vallobín

Venres 19 de abril
11:30: DEPORTIVO - RAYO CIUDAD ALCOBENDAS B, en Matalablima
20:45: ALEVÍN A - ATLÉTICO LUGONES, en Vallobín

Sábado 20 de abril
9:15: CD PARQUESOL - ALEVÍN A, no Anexo ao campo Juan Antonio Álvarez Rabanal

Os dous primeiros clasificados acceden posteriormente á Oviedo Cup Ouro; o 3º á Oviedo Cup Prata; o 4º á Oviedo Cup Bronce; e, finalmente, o 5º á Oviedo Cup Consolación.

O Cadete A, puntual á súa cita co Torneo Cesaraugusta de Zaragoza

Como xa é habitual nos últimos anos, o Cadete A repite participación no Torneo Cesaraugusta, organizado polo club Stadium Casabranca, en Zaragoza.

Todos os partidos disputaranse no campo Gregorio Usabel.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Real Zaragoza e CA Osasuna como rivais.

O calendario de partidos do Cadete A é o seguinte:

Xoves 18 de abril
17:00: REAL ZARAGOZA - CADETE A

Venres 19 de abril
17:00: CADETE A - CA OSASUNA

O primeiro de grupo xogará a gran final, o domingo 21 de abril ás 12:00; o segundo pelexará pola 3ª e 4ª praza ese mesmo domingo ás 10:00; mentres que o 3º disputará a 5ª e 6º praza o sábado 20 de abril ás 17:30 horas.