RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSACANTEIRA exporta talento coa fichaxe de Marisol Arias, psicóloga do Club, pola Academia Rafa Nadal

O RC Deportivo continúa exportando talento, como sucedeu anteriormente cos preparadores de porteiros José Sambade ou Manu Sotelo; ou os readaptadores físicos Carlos Lalín, Pablo López ou Fernando Rodríguez.

Así, Marisol Arias Barja (Neuchâtel, Suíza, 19 de decembro de 1990), psicóloga de #ANOSACANTEIRA, incorporarase nos próximos días á Academia Rafa Nadal en Manacor (Mallorca).

Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Marisol é ademais Máster en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física e de Coaching Deportivo na Universidade Camilo José Cela.

Na Academia Rafa Nadal, Marisol Arias desempeñará as funcións de psicóloga deportiva para os menores de 14 anos, tarefa que desempeñaba na Cidade Deportiva branquiazul, neste caso ademais con todas as categorías inferiores tanto masculinas como femininas.

O Club quere agradecer a Marisol Arias a súa dedicación e profesionalidade desde 2012, á vez que lle desexa moita sorte nesta nova etapa na súa carreira.