RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA mantense en competición en Oviedo, Lisboa, Zaragoza, Narón e Nantes, onde xoga a final do Mundial sub-15

Oviedo, Lisboa, Zaragoza, Nantes e Narón acollen partidos mañá sábado de #ANOSACANTEIRA, con motivo dos torneos amigables desta Semana Santa.

A cita estrela é en Francia, onde o Dépor xoga mañá sábado (17:30) a gran final do Mundial sub-15 de La Saint Pierre (Nantes). O seu rival será o Valencia CF.

O Xuvenil B disputa os cuartos de final en Oviedo; e en Lisboa, o Dépor necesita gañar ao equipo anfitrión no último partido de grupo para clasificarse a cuartos.

En Zaragoza, o Cadete A, que se impuxo hoxe ao CA Osasuna, depende do partido de mañá sábado entre os rojillos e o Real Zaragoza para saber se xoga pola 5ª ou 6ª praza ou pola 3ª ou 4ª do torneo Cesaraugusta.

Segue tamén en competición o Alevín A en Oviedo e compite o Dépor ABANCA B en Narón, fronte a unha Selección Absoluta de Ferrol.

Xa finalizaron o Benxamín A, eliminado polo Real Madrid en cuartos de final da Íscar Cup Tordesillas 2019 após un brillante torneo; o Alevín B e Benxamín B, que caeron en Cascais e Cambrils despois de clasificarse entre os mellores; e o Infantil A, campión da Fase de Bronce en Cascais.

O Real Madrid apea en cuartos de final da Íscar Cup ao Benxamín A

O Benxamín A participou na Íscar Cup Tordesillas 2019.

É a primeira cita das dúas que o conxunto deportivista ten programadas para esta semana Santa. A segunda será o Trofeo Villa de Caldas, este domingo 21 en Caldas de Reis (Pontevedra).

O Benxamín A, após pasar como campión da Primeira Fase, eliminou ao Alavés en oitavos de final e caeu ante o poderoso Real Madrid, un dos favoritos ao título, en cuartos.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Xoves 18 de abril
BENXAMÍN A 8 (Yago Trigo -2-, Gael, Nico, Paulo, Íker e Ioan) - KÄPYLÄN PALLO 0
BENXAMÍN A 2 (Nico e Mauro) - MÁLAGA CF 0
VALENCIA CF 1 - BENXAMÍN A 1 (Yago Trigo)

Venres 19 de abril
Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Joaquín -3-) - ALAVÉS 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 0 - REAL MADRID 4

En Caldas de Reis (Pontevedra), o Benxamín A disputa o domingo 21 o Trofeo Villa de Caldas, con este calendario:

11:30: BENXAMÍN A - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA
13:30: EQUIPO DA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
16:00: BENXAMÍN A - OURENSE CF

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que comezan ás 16:45 horas.

O Dépor está a un paso das semifinais do Trofeo Internacional infantil en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus

Un equipo infantil do Deportivo (na foto que abre esta nota) participa nun Torneo Internacional en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus.

Hoxe venres, os deportivistas igualaron (0-0) co FC Porto e co Levante UD.

Mañá sábado (12:00, hora local), se o Dépor vence ao Clube Atlético e Cultural accederá a semifinais, que empezan ás 17:00. En caso contrario, xogará unha Fase de Consolación.

O calendario de partidos, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 18 de abril
SC BRAGA 1 - DEPORTIVO 3 (Jorge -2- e Oreiro)

Venres 19 de abril
DEPORTIVO 0 - FC PORTO 0
DEPORTIVO 0 - LEVANTE UD 0

Sábado 20 de abril
12:00: CLUBE ATLÉTICO E CULTURAL - DEPORTIVO

O Dépor disputa mañá a final do Mundial sub-15 de Nantes (Francia)

Un equipo cadete do Deportivo participa no Mundial sub-15 La Saint Pierre de Nantes (Francia).

Hoxe venres pola mañá, o conxunto branquiazul superou nos penaltis de cuartos de final ao En Avant Guingamp (5-4) despois de igualar no tempo regulamentario (1-1).

Pola tarde, en semifinais, superou ao FC Nantes (1-0) e pelexará mañá sábado contra o Valencia CF na gran final (17:00 horas) do torneo.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 17 de abril
DEPORTIVO 0 - US THOUARE 0
DEPORTIVO 0 - LE HAVRE ATHLETIC 0

Xoves 18 de abril
FC REZÉ 0 - DEPORTIVO 4 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Álex)
DEPORTIVO 1 (Hugo Baldomar) - US QUEVILLY ROUEN 0
DEPORTIVO 1 (Christian) - LA SAINT PIERRE 0

Venres 19 de abril
Cuartos de final
DEPORTIVO 1 (Hugo Baldomar) - EA GUINGAMP 1. A penaltis: 5-4
Semifinal
DEPORTIVO 1 (Christian) - FC NANTES 0

Sábado 20 de abril
Final
17:00: DEPORTIVO - VALENCIA CF

Xuvenil B e Alevín A avanzan na Oviedo Cup 2019

O Xuvenil B e o Alevín A participan na XIV edición da Oviedo Cup.

O Xuvenil B clasificouse para cuartos de final, nos que se medirá mañá sábado ao Alavés.

O calendario do equipo deportivista, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
ASTUR CF 0 - XUVENIL B 0
XUVENIL B 2 (Luque e Vladimir) - ED MORATALAZ 0

Venres 19 de abril
XUVENIL B 3 (Peke -2- e Gonçalo Oliveira) - SDCR LA CORREDORIA 1
RCD ESPANYOL 2 - XUVENIL B 1 (Peke)

Sábado 20 de abril
Cuartos de final
11:00: XUVENIL B - ALAVÉS, no Bayu, Siero

Pola súa banda, o Alevín A finaliza mañá a Primeira Fase ante o CD Parquesol.

O calendario de partidos da Primeira Fase, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
ASTUR CF 0 - ALEVÍN A 1 (Marcos)

Venres 19 de abril
DEPORTIVO 4 (Murilo -2-, Bruno e Jairo) - RAYO CIUDAD ALCOBENDAS B 0
ALEVÍN A 5 (Murilo, Jorge, David, Samuel e Vergara) - ATLÉTICO LUGONES 0

Sábado 20 de abril
09:15: CD PARQUESOL - ALEVÍN A, no Anexo ao campo Juan Antonio Álvarez Rabanal

Con estes resultados, e a falta dun partido, o Alevín A clasifícase para a Oviedo Cup Ouro. Falta determinar se como primeiro ou segundo de grupo.

O Cadete A, á espera do Zaragoza-Osasuna de mañá sábado

Como xa é habitual nos últimos anos, o Cadete A repite participación no Torneo Cesaraugusta, organizado polo club Stadium Casablanca, en Zaragoza.

Todos os partidos dispútanse no campo Gregorio Usabel.

Hoxe venres, o Cadete A enfrontouse ao CA Osasuna, ao que derrotou con claridade (4-1) na segunda e última xornada da Primeira Fase.

Agora toca esperar ao que fagan mañá sábado (10:00) o Zaragoza e o Osasuna no último partido do grupo para saber se os deportivistas clasifícanse de segundos e pelexan o domingo (10:00) pola 3ª ou 4ª praza co segundo do outro grupo; ou ben se clasifican de terceiros e pelexarán pola 5ª ou 6ª posición mañá mesmo (17:30) contra o terceiro do outro grupo.

O calendario de partidos do Cadete A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
REAL ZARAGOZA 5 - CADETE A 0

Venres 19 de abril
CADETE A 4 (Mauro, Axel, Carracedo e Nacho) - CA OSASUNA 1

Dépor ABANCA B e Selección de Ferrol pelexarán mañá sábado polo Trofeo Villa de Narón

O Deportivo ABANCA B, líder sólido practicamente desde o inicio da temporada na Primeira Autonómica feminina, enfróntase á Selección Absoluta de Ferrol co Trofeo Concello de Narón en xogo.

As branquiazuis Jessica, Antía e Andrea xogarán co combinado ferrolán.

O amigable xogarase mañá sábado 20 de abril ás 17:30 no campo de Sinde, no Val (Narón).

Fase de Bronce para o Infantil A e Súper Grupo Ouro para o Alevín B na Ibercup de Cascais (Portugal)

O Infantil A e o Alevín B representaron ao Club na prestixiosa Ibercup de Cascais (Portugal).

Así, o Infantil A proclamouse campión da Fase Bronce, co que concluíu a súa participación.

Os seus resultados foron os seguintes:

Luns 15 de abril
CF OS BELENENSES 4 - INFANTIL A 2 (Noah e Mella)

Martes 16 de abril
INFANTIL A 2 (Martín -2-) - HAPOEL HERZLIYA 1
BLACKBURN ROVERS 1 - INFANTIL A 0

Mércores 17 de abril
INFANTIL A 0 - FC SETH ACADEMY 1
Fase de Bronce
INFANTIL A 2 (Domínguez e Mella) - HAPOEL HADERA FC 1

Xoves 18 de abril
INFANTIL A 5 (Carlos, Domínguez -2-, Martín e Marcote) - ASVSA AS VARENNES 0

Pola súa banda, o Alevín B, despois de asinar unha gran Primeira Fase con 4 triunfos, caeu eliminado no Súper Grupo Ouro ao perder co Vitória de Guimarães.

Os resultados do Alevín B neste torneo foron os seguintes:

Luns 15 de abril
ALEVÍN B 9 (Diego -3-, Rubén Trillo, Pablo, Eder, Leandro, Nico Ruiz e Íker) - FC DJURSHOLM 0

Martes 16 de abril
BOAVISTA FC D 0 - ALEVÍN B 3 (Iago, Diego e Leandro)
ALEVÍN B 9 (Anxo -3-, Rubén Trillo -2-, Janusz -2-, Leandro e Eder) - EF BENFICA OLIVAIS D 1

Mércores 17 de abril
AD OEIRAS 1 - ALEVÍN B 3 (Nico Ruiz, Pablo e Rubén Trillo)
Fase de Campións
ALEVÍN B 3 (Yago e Xabi -2-) - HAMMARBY FOTBOLL 3
ALEVÍN B 0 - VITÓRIA DE GUIMARÃES 3

O Benxamín B cae en cuartos de final do Mundialito Costa Daurada

O Benxamín B do Dépor clasificouse entre os mellores do Mundialito Costa Daurada en Tarragona.

Onte xoves, o conxunto deportivista perdeu pola mínima (3-4) en cuartos de final da Fase Ouro ante o Levante UD; partido co que puxo o punto e final á súa participación.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Luns 15 de abril
BENXAMÍN B 28 (Iago Lameiro -6-, José Quiroga -6-, Lucas Vázquez -4-, Pablo -4-, Raúl -3-, Iago Varela -2-, Rodrigo -2- e Hugo) - HALCONES WATSONVILLE FC 0
SANT PAU APÓSTOL 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, José Quiroga -2-, Nico e Pablo)

Martes 16 de abril
BENXAMÍN B 9 (Iago Lameiro -3-, José Quiroga -2-, Hugo -2-, Rodrigo e Pablo) - EFB UD SALOU 1

Mércores 17 de abril
LEVANTE UD 5 - BENXAMÍN B 2 (José Quiroga -2-)

Xoves 18 de abril
Fase Ouro
Cuartos de final
BENXAMÍN B 3 (José Quiroga, Iago Varela e Hugo) - LEVANTE UD 4