RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSACANTEIRA márchase de vacacións, pero xa con data de regreso

Despois do último torneo amigable da temporada 2018-19, o que disputaron, e gañaron, Infantil A e Alevín A en Santa Cruz, Torres Vedras (Portugal), #ANOSACANTEIRA pecha a temporada.

Atrás quedan 10 meses de competición; centos de partidos oficiais desde Segunda División B á Segunda Comarcal A Coruña benxamín; títulos oficiais como o de campión galego infantil ou o da Primeira Autonómica feminina; participacións en torneos amigables por toda Galicia, España e Europa; e varios internacionais españois en categorías inferiores: Mujaid, Sergio Bernárdez, Hugo Novoa, Trilli e Carlota Sánchez.

Así pois, todos os equipos inician unhas merecidas vacacións coas datas de regreso a Abegondo no horizonte, que son as seguintes:

- Fabril: Luns 15 de xullo ás 10:30
- Deportivo ABANCA B (Segunda División Nacional feminina): 1 de agosto ás 19:00
- Xuvenil A (División de Honra): Martes 23 de xullo ás 10:30
- Xuvenil B (Liga Nacional): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete A (División de Honra): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete B (Liga Galega): Luns 5 de agosto ás 10:30
- Infantil A (Liga Galega): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Infantil B (Primeira Autonómica): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Alevín A (Primeira Comarcal): Luns 2 de setembro ás 18:30
- Alevín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín A (Primeira Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30