RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA, pendente do Fabril-Estremadura

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres 25 de maio co partido da Segunda Comarcal Benxamín entre o Deportivo B e a Santa Cruz B (7-0), en Abegondo. O choque, sen transcendencia clasificatoria, adiantouse debido á participación do conxunto deportivista no Torneo Concello da Estrada de mañá sábado.

O partido estrela será a volta da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3 entre o Fabril e o Extremadura, previsto para mañá sábado 26 de maio ás 17:00 en Abegondo.

Por motivo de capacidade da instalación, unicamente poderase acceder á Cidade Deportiva de Abegondo co abono da Temporada 2017-2018 para presenciar o partido Fabril-Extremadura do sábado 26 de maio ás 17:00 horas até completar o aforamento do campo 1.

Non se venderán entradas en despacho de billetes e só poderán acceder ao recinto co carné. Con entrada exclusivamente farano os afeccionados do club estremeño que adquirisen as localidades enviadas polo Real Club Deportivo ao equipo azulgrana.

Na ida en Almendralejo gañaron pola mínima os locais (2-1), que fixeron valer un frenético inicio de partido, cando se puxeron por diante no marcador con 2 tantos.

Gustavo Munúa, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro, incluído o meta xuvenil Ricardo. É baixa Francis, concentrado con Nixeria.

Ademais, esta fin de semana conclúen a súa competición ligueira o Xuvenil B (en Pontevedra ante o Lérez), en pugna co Racing de Ferrol pola medalla de bronce da categoría; e o Cadete B (en Abegondo fronte ao Ural B), que necesita polo menos un punto para asegurar a cuarta praza. Para o martes 29 de maio queda o encontro do Cadete A (en Abegondo ante o Calasanz), xa subcampión desde fai varias xornadas da División de Honra;

Tamén xoga en casa, en Ponte dos Brozos (Arteixo), o Deportivo ABANCA B, que se mide ao Torre en cuartos de final da Copa de Primeira Autonómica Feminina. A eliminatoria, a partido único, será ás 16:00 do domingo.

Finalmente, Alevín A e Benxamín A disputan en Mos (Pontevedra) a Fase Final do Campionato Galego, á que accederon após ser campións da Fase Intermedia xogada a pasada fin de semana.

O calendario de partidos é o seguinte:

Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3
Primeira eliminatoria, volta: FABRIL - EXTREMADURA, o sábado 26 de maio ás 17:00 en Abegondo. Na ida: 1-2

Categoría feminina
Copa de Primeira Autonómica Feminina, cuartos de final: DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 27 de maio ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
34ª xornada, última: LÉREZ - XUVENIL B, o domingo 27 de maio ás 12:00 na Xunqueira 1 (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. Ural, 80 puntos; 3. Xuvenil B, 70 puntos; 4. Racing de Ferrol, 69 puntos; 5. Victoria, 60 puntos...

Categoría cadete
34ª xornada, última: CALASANZ - CADETE A, o martes 29 de maio ás 19:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 94 puntos; 2. Cadete A, 83 puntos; 3. Pabellón Ourense, 60 puntos...

34ª xornada, última: CADETE B - URAL B, o sábado 26 de xuño ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude Oroso, 71 puntos; 4. Cadete B, 64 puntos; 5. Lugo B, 61 puntos...

Categoría alevín
Sábado 26 de maio
Fase Final do Campionato Galego nas Baloutas (Mos, Pontevedra)
Semifinal
13:00: ALEVÍN A - PORRIÑO INDUSTRIAL
O partido polo terceiro e cuarto posto e a gran final xóganse pola tarde.

Categoría benxamín
Sábado 26 de maio
Fase Final do Campionato Galego nas Baloutas (Mos, Pontevedra)
Semifinal
12:00: BENXAMÍN A - PABELLÓN OURENSE
O partido polo terceiro e cuarto posto e a gran final xóganse pola tarde.

29ª xornada: BENXAMÍN B 7 (Paulo -2-, Mauro -2-, Ronquete -2- e Caaveiro) - SANTA CRUZ B 0
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (xa campión, cun partido máis), 81 puntos; 2. Calasanz C e Victoria C, 67 puntos...