RCD / NOVAS

#ANOSACANTEIRA retomou esta mañá os adestramentos en Abegondo

20/08/2020 13:16

#ANOSACANTEIRA retomou hoxe xoves os adestramentos despois de parar a actividade o pasado luns após detectarse o positivo por COVID-19 dun futbolista do Fabril.

O xogador, así como os seus contactos estreitos, permanecen illados tal e como establece o protocolo da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Todos os demais futbolistas, técnicos e persoal sometéronse a novas probas esta mesma semana, resultando todas negativas.

A pretemporada en #ANOSACANTEIRA arrincou o mércores 12 de agosto baixo estrito cumprimento do protocolo Fisicovid-Dxtgalego realizado pola Xunta de Galicia e aplicado pola Federación Galega de Fútbol.

Os adestramentos son individuais, sempre sen contacto físico, e non se permiten de momento os partidos amigables.