RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSACANTEIRA saca ouro en Amsterdam, Düsseldorf e Viveiro

Fin de semana repleta de torneos en #ANOSACANTEIRA, con estes equipos en xogo: Xuvenil B (Rezé, Francia), Cadete B (Amsterdam, Holanda), Infantil A (Cerdanyola), Alevín A (Carballo), Alevín B (Azpeitia), Benxamín A (Düsseldorf), Benxamín B (Colonia) e un equipo prebenxamín en Viveiro.

Destacaron as actuacións do Cadete B, campión do Torneo OSM '75 en Amsterdam; Benxamín B, medalla de ouro na U10 Lincoln Pfingstcup; e un equipo branquiazul prebenxamín, gañador en Viveiro.

Ademais, sobresalientes tamén estiveron o Alevín B, 4º na Azpeitia Cup; e o Benxamín B, 5º na U9 IKK Classic PfingstCup 2019 en Colonia.

O Cadete B, campión do Torneo OSM '75 en Amsterdam

O Cadete B (foto principal desta nota), que acaba de terminar o grupo norte da Liga Galega na 3ª praza, tivo cita esta fin de semana na cidade holandesa de Amsterdam, con motivo do Torneo International OSM '75 en categoría sub-15.

Os branquiazuis proclamáronse brillantes campións ao derrotar ao FC Copenhagen nunha emocionante quenda de penaltis (4-3).

Os resultados do Cadete B foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
CADETE B 1 (Nacho Díaz) - FC TWENTE 2
ADO DEN HAAG 0 - CADETE B 2 (Xosé e Álex González)
CADETE B 2 (Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - OSM '75 0
ABERDEEN FC 4 - CADETE B 0

Domingo 9 de xuño
CADETE B 2 (Álex González -2-) - FC COPENHAGEN 0
CADETE B 3 (Hugo Baldomar, Cristian e Adrián Lombao) - FC DORDRECHT 2
EXCELSIOR ROTTERDAM 1 - CADETE B 1 (Seydiba)

Final
CADETE B 0 - FC COPENHAGEN 0. A penaltis: 4-3

Medalla de ouro para o Benxamín A na U10 Lincoln Pfingstcup de Düsseldorf

O Benxamín A proclamouse campión do torneo U10 Lincoln Pfingstcup que se xogou na cidade alemá de Düsseldorf.

Os novos pupilos de Pablo Barros afrontaron un maratón de 14 partidos ante rivais alemáns, daneses, húngaros e holandeses.

Os resultados do conxunto deportivista foron os seguintes:

Sábado 8 de xuño
BENXAMÍN A 0 - FC KÖLN 3
VfR WELLENSIEK 0 - BENXAMÍN A 0
ACT2 PREVENT ANTWERPEN 1 - BENXAMÍN A 1 (Joaquín)
BENXAMÍN A 5 (Joaquín -2-, Íker, Nico e Uxío) - FOOTBALL BB 1
TSCHECHISCH SLOWAKISCHE AUSWAHL 0 - BENXAMÍN A 2 (Íker -2-)
HAMBURGO SV 1 - BENXAMÍN A 1 (Íker). A penaltis: 3-2

Domingo 9 de xuño
Fase de Ouro
BENXAMÍN A 0 - SG WATTENSCHEID '09' 1
BENXAMÍN A 5 (Yago Trigo -2-, Ioan, Pablo Ronquete e Joaquín) - RAEC MONS 0
BENXAMÍN A 2 (Uxío e Íker) - VfL WOLFSBURGO 2
BENXAMÍN A 4 (Joaquín e Yago Trigo -3-) - FC LOKOMOTIV DE MOSCOVA 2
BENXAMÍN A 1 (Iago Vázquez) - FC COPENHAGE 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Joaquín, Uxío e Íker) - AFC IJBURG 0

Semifinal
BENXAMÍN A 1 (Íker) - VfL WOLFSBURGO 0

Final
BENXAMÍN A 1 (Iago Vázquez) - BUDAPEST HÓNVED FC 0

O Dépor gaña o Torneo de Viveiro prebenjamín

O Deportivo proclamouse onte sábado 8 de xuño campión do Torneo de Viveiro en categoría prebenjamín.

O equipo branquiazul, dirixido por Darío Cotelo, estivo integrado por estes futbolistas:

Porteiros: Alejandro Pais (CD Calasanz) e Brais Taín (Victoria CF)

Defensas: Jesús López (CA Fátima), Sergio Infante (CD Calasanz), Mateo Pombo (Atlético Arteixo), Nicolás Torres (Atlético Coruña Montañeros CF) e Antón Vilariño (Imperátor OAR)

Centrocampistas e atacantes: Manuel Alcázar (CD Calasanz B), Gonzalo Teijeiro (Atlético Coruña Montañeros CF), Leo Sánchez (Ural CF), Hugo Caridad (Ural CF), Yael López (SD Órdenes), Mario González (CD Calasanz), Íker Obeso (Ural CF), Thiago Montes (Atlético Coruña Montañeros CF) e Mateo Suárez (Olímpico de Rutis CF).

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
DEPORTIVO 7 (Mario González, Thiago Montes, Leo Sánchez, Manuel Alcázar, Hugo Caridad -2- e Yael López) - CD CARIÑO 0
DEPORTIVO 4 (Yael López -2-, Mario González e Thiago Montes) - VIVEIRO 0
DEPORTIVO 4 (Mateo Varela -2-, Yael López e Mario González) - SD BURELA 0

Semifinal
DEPORTIVO 3 (Mario González, Leo Sánchez e Yael López) - CD FOZ 0

Final
DEPORTIVO 6 (Mario González -2-, Thiago Montes, Hugo Caridad e Yael López -2-) - UD XOVE LAGO 0

Gran cuarta praza do Alevín B na Azpeitia Cup 2019

O Alevín B disputou hoxe domingo a Fase Final da Azpeitia Cup 2019, torneo que se desenvolveu nos campos municipais de Garmendipe, na citada localidade guipuscoana.

O conxunto deportivista alcanzou as semifinais, nas que foi derrotado polo RCD Espanyol (0-3). Na final de consolación, o Barça foi mellor que os branquiazuis (0-2), que acabaron así nunha meritoria 4ª praza.

O xogador do Alevín B Rodrigo foi nomeado mellor porteiro da competición.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Venres 7 de xuño
ALEVÍN B 1 (Diego) - CF SAN JOSÉ 1

Sábado 8 de xuño
RCD ESPANYOL 0 - ALEVÍN B 1 (Diego)
SANSE 0 - ALEVÍN B 1 (Balbas)
ALAVÉS 0 - ALEVÍN B 1 (Xabi)

Domingo 9 de xuño
Fase Final
ALEVÍN B 3 (Pablo, Diego e Janusz) - CE MERCANTIL 1
ALEVÍN B 0 - UD LEVANTE 0
ALEVÍN B 2 (Nico Ruiz e David) - GIRONA FC 0

Semifinal
ALEVÍN B 0 - RCD ESPANYOL 3

Final de consolación
ALEVÍN B 0 - FC BARCELONA 2

O Benxamín B, quinto clasificado da IKK Classic PfingstCup 2019

O Benxamín B foi 5º clasificado, unha meritoria posición, na U9 IKK Classic PfingstCup 2019.

Os deportivistas disputaron un total de 12 partidos, cun balance de 10 vitorias, 1 empate e 1 derrota. Entre os seus rivais, as mellores canteiras de Alemaña, Italia, Portugal e Rusia.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
BENXAMÍN B 3 (Jose Quiroga, Pablo e Lucas Vázquez) - KS ZAKOPANE 0
OSNABRÜCKER SC BLAU 1 - BENXAMÍN B 1 (Pablo)
SPVG WESSELING-URFELD 0 - BENXAMÍN B 5 (Pablo -2-, Lucas, Rodrigo e Raúl)
BENXAMÍN B 3 (Lucas Vázquez -2- e Hugo) - TuS QUELLE 0

Segunda Fase
BENXAMÍN B 2 (José Quiroga e Iago Varela) - SPORTING CLUB DE PORTUGAL 1
BENXAMÍN B 1 (Iago Lameiro) - ALEMANNIA AACHEN 0

Domingo 9 de xuño
Fase de Ouro
BENXAMÍN B 3 (José Quiroga, Pablo e Rodrigo) - LOKOMOTIV DE MOSCOVA 1
BENXAMÍN B 2 (Iago Varela e Hugo) - KSC LOKEREN OOST-VLAANDEREN 1

Oitavos de final
BENXAMÍN B 3 (José Quiroga, Pablo e Javi) - ACT2 PREVENT ANTWERPEN 2

Cuartos de final
BENXAMÍN B 1 (José Quiroga) - FC KÖLN 2

Partidos pola 5ª á 8ª praza
BENXAMÍN B 2 (José Quiroga e Pablo) - FSV MAINZ '05' 0
BENXAMÍN B 1 (Pablo) - HELLAS VERONA 0

O Alevín A acaba sexto no Torneo Concello de Carballo

O Alevín A concluíu en sexta posición o Torneo Concello de Carballo que se xogou esta fin de semana no campo das Eiroas (Carballo).

O sistema de competición foi de liga todos contra todos a unha soa volta.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
ALEVÍN A 1 (Álex) - ATLÉTICO DE MADRID 1
ATHLETIC CLUB 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 2
AFA ANGOLA 2 - ALEVÍN A 2 (Murilo e Rubén)
ED XUVENTUDE DE OROSO 1 - ALEVÍN A 1 (David)
ALEVÍN A 0 - SPORTING DE GIJÓN 1

Domingo 9 de xuño
EF LUIS CALVO SANZ 0 - ALEVÍN A 5 (Xenxo -2-, David, Rubén e Jairo)

O Xuvenil B logra a 7ª praza da 35ª International Rezé Football

Último torneo amigable para o Xuvenil B nesta temporada, unha vez concluída en 4ª posición a competición na Liga Nacional.

O conxunto deportivista quedou apeado das semifinais da 35ª edición da International Rezé Football na quenda de penaltis de cuartos de final. O seu verdugo foi o OGC Nice.

Hoxe domingo, o Xuvenil B impúxose ao USSA Vertou na quenda de penaltis após igualar (1-1) no partido; e, con este resultado, os pupilos de Josito acabaron o torneo en sétimo lugar.

Os resultados do Xuvenil B foron os seguintes:

Venres 7 de xuño
XUVENIL B 2 (Luque e Do Carmo) - USSA VERTOU 0
FC REZÉ 0 - XUVENIL B 3 (Mario, Peke e Padín)
XUVENIL B 3 (Do Carmo, Luque e Pablo Martínez) - FC NANTES 0

Sábado 8 de xuño
Cuartos de final
XUVENIL B 2 (Peke e un futbolista rival en propia meta) - OGC NICE 2. A penaltis: 6-7

Partidos da 5ª á 8ª praza
XUVENIL B 1 (Aye) - FC METZ 2

Domingo 9 de xuño
XUVENIL B 1 (Mario) - USSA VERTOU 1. Por penaltis: 5-4

O Infantil A cae nos oitavos de final da Cerdanyola Cup

O Infantil A participou esta fin de semana na Cerdanyola Cup 2019.

O equipo branquiazul superou a Primeira Fase con brillantez pero caeu en oitavos de final pola mínima ante a UE Cornellá.

Os resultados do Infantil A foron os seguintes:

Sábado 8 de xuño
INFANTIL A 1 (Saúl) - CF DAMM 0
CERDANYOLA FC B 0 - INFANTIL A 1 (Mardones)
INFANTIL A 1 (Carlos) - CE EUROPA 0

Domingo 9 de xuño
Oitavos de final
INFANTIL A 1 (Gabriel) - UE CORNELLÁ 2