RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANOSAFORZA recolle xoguetes e roupa para nenos nos dous próximos partidos

O deportivismo mostra a súa cara máis solidaria en vésperas do Nadal. As agrupacións Riazor Blues e Old Faces, coa colaboración da Asociación "Jimmy sempre con nós" fan un chamamento aos afeccionados branquiazuis para que nos dous próximos partido colaboren entregando xoguetes e roupa para nenos a beneficio da ONG "Equus Zebra" que axuda a máis de 200 nenos cada ano.

O domingo 18 desde as 16.00 e o mércores desde as 17.00 h. na zona de Marathón Inferior, tamén en Paseo de Ronda 43 ou en Paseo de Ronda 30, sedes das distintas asociacións, pódense levar os xoguetes e a roupa para que ningún neno quede sen agasallo este nadal.