RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#ANosaHistoria: Os 112 anos de vida do Dépor, a través das súas camisetas en 3D en rcdeportivo.es/gl

O RC Deportivo, na súa permanente procura por poñer orde á súa historia e divulgala, recompilou todos os equipamentos que vestiu desde a súa fundación.

As inéditas recreacións de cada unha delas, en 3D e por orde cronolóxica, poden verse na páxina http://www.rcdeportivo.es/gl/rcdeportivo/camisetas.

Até agora nesta web estaban dispoñibles todas as vestimentas branquiazuis desde 1939 até os nosos días, ademais dos uniformes alternativos desde 1994. O Club deu un salto no tempo e nos últimos meses traballou para reconstruír ao máximo detalle os equipamentos suplentes utilizados desde 1939 até 1994.

Ademais, o RC Deportivo conseguiu dar vida aos uniformes vestidos entre 1906 e 1939, incluídos os escasos segundos equipamentos utilizados e a excepción do período 1916-1918. Aquela foi a segunda metade da época da escisión, a marcha dos xogadores de fútbol do Club que deu lugar ao chamado Deportivo Auténtico FC (1914-1918). Unha era da que, lamentablemente, apenas apareceron até agora documentación e fotografías.

Por este motivo, a procura aínda queda aberta. A pesar de que xa son 217 os equipamentos atopados e replicaoas, non se pode afirmar con rotundidade que a recompilación estea concluída, pois ademais do período 1914-1918, o Club non tivo acceso a información gráfica de múltiples partidos fóra da Coruña, sobre todo das súas primeiras décadas de existencia.

Con todo, non é até comezos dos anos 30 cando se dan casos como o cambio de camiseta no descanso dun partido contra o Castellón (1931), a instancias dun árbitro confundido polas franxas branquiazuis dos deportivistas e as blanquinegras dos levantinos. Ademais do uniforme orixinal en gris e negro (1906-1910), o Deportivo tamén vestiu distintas cores (branco e celeste) en moitos partidos entre 1928 e 1930. É de supoñer por iso que con anterioridade non existían uniformes alternativos ou polo menos non estaban rexistrados oficialmente como tal.