RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANosaHistoria: Todas as camisetas do Dépor desde 1939, en 3D en rcdeportivo.es/gl

O RC Deportivo, na súa constante procura por poñer orde á súa historia e divulgala, recompilou todos os equipamentos branquiazuis que vestiu desde 1939.

As inéditas recreacións de cada unha delas, en 3D e por orde cronolóxica, poden verse na páxina http://www.rcdeportivo.es/gl/rcdeportivo/camisetas.

Até agora nesta web estaban dispoñibles todas as vestimentas desde 1967 até os nosos días. O Club deu un salto máis no tempo e nos últimos meses traballou para reconstruír ao máximo detalle os equipamentos utilizados desde 1939 até aquel 1967. Un ano, 1967, no que, curiosamente, o Deportivo recuperaba as franxas anchas que vestira por última vez en 1939, na primeira temporada trala Guerra Civil.

O seguinte e máis complicado paso será pechar o círculo, coa recuperación de todos os equipamentos restantes. Desde o primeiro utilizado en 1906, o gris e negro reeditado o curso pasado para conmemorar o 110 aniversario do Club, aos utilizados nos escasos encontros disputados polo Deportivo durante o período bélico, así como todos os uniformes suplentes previos a 1994, pois os posteriores a esa data xa se atopan en rcdeportivo.es/gl.