RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela apura até o último instante a preparación da visita do CD Numancia

Con escasa marxe de manobra debido ao apertado do calendario, Juan Antonio Anquela apura até o último instante a preparación da visita do CD Numancia a ABANCA-RIAZOR de mañá mércores 18 de setembro (21:00 horas, Movistar LaLiga).

Tralo adestramento desta mañá en Abegondo, o técnico deportivista citou de novo a todo o seu cadro mañá mércores, día do partido, ás 11:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR, para un último e lixeiro ensaio.

Esta mañá, con Nolaskoain, Somma, Borja Valle e Longo á marxe do grupo, este último debido a consecuencia dunha molestia no aductor medio da súa perna dereita sufrida no adestramento de onte, o equipo realizou traballo táctico e accións a balón parado por grupos; unha tarefa de finalizacións; e, os que non xogaron de inicio o pasado domingo en Xixón, concluíron con partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse co grupo esta mañá os fabrilistas Boian, Gandoy, Mujaid, Valín e David Sánchez.