RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela cita a 19 xogadores para viaxar mañá sábado á primeira hora a Huesca, vía Barcelona

Juan Antonio Anquela citou a 19 futbolistas para desprazarse mañá sábado á primeira hora da mañá a Huesca, vía Barcelona, para visitar o domingo 25 de agosto o estadio de El Alcoraz (19:00 horas, Movistar LaLiga e Gol), en choque correspondente á 2ª xornada en LaLiga SmartBank.

O equipo realizará ese mesmo sábado 24 de agosto unha última sesión de adestramento na propia cidade de Huesca.

O regreso á Coruña será por estrada nada máis finalizar o encontro. Á chegada, o Dépor adestrarase en Abegondo, sobre as 8:00 horas do luns 26 de agosto.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 24 de agosto
11:45: Saída do voo de Santiago con destino Barcelona
13:30: Chegada aproximada ao Aeroporto de Barcelona
15:30 (hora aproximada): Saída en autocar a Huesca
18:30 (hora aproximada): Chegada a Huesca e adestramento no campo IES Pirámide
Aloxamento no hotel Abba Huesca

Domingo 25 de agosto
19:00: SD Huesca - Deportivo, en El Alcoraz
Ao finalizar, regreso en autocar á Coruña