RCD / NOVAS

Anquela cita a 26 futbolistas ao Trofeo Teresa Herrera desta tarde en ABANCA-RIAZOR

10/08/2019 13:30

O Deportivo afronta a LXXIV edición do Trofeo Teresa Herrera de hoxe sábado 10 de agosto ante o Real Betis (21:00 horas) en ABANCA-RIAZOR con 26 futbolistas.

Na convocatoria do técnico deportivista figuran os futbolistas do Fabril que se adestran diariamente co primeiro equipo (Valín, Bourdal, Mujaid, Gandoy, David Sánchez, Javi Sánchez e Martí Vilà), co único cambio de Viorel Boian, substitución hoxe de Álex Cobo.

Na sesión desta mañá, os xogadores branquiazuis, após un quecemento, realizaron un último ensaio de accións a balón parado no campo 3 de cara ao test máis esixente da pretemporada.

Após o partido grande desta pretemporada, o Dépor regresa aos adestramentos o luns 12 de agosto ás 10:00 en Abegondo. Mañá domingo haberá xornada de descanso.