RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela, contento polo equipo: "Os rapaces cren no que facemos, son traballadores, son disciplinados"

Juan Antonio Anquela valorou na sala de prensa do Estadio Ramón de Carranza "positivamente" o punto conseguido esta tarde: "Cando se traballa como o fixo o equipo todo o partido, hai que valoralo positivamente. Diante tiñamos un equipo perigoso en todas as facetas do xogo. Tivemos opcións de perder e algunha moi clara de gañar o partido".

O técnico deportivista recoñece que o equipo necesitaba hoxe "sentirnos fortes atrás, sentirnos que, como bloque, somos un bo equipo. O equipo pelexou, traballou e encima tivemos 3 ou 4 opcións bastante claras. E iso non é fácil ante un rival como o Cádiz que concede moi pouco".

Lembra que o resultado do pasado mércores ante o CD Numancia "foi traumático para nós. No 88 gañabamos 3-1. Iso foi dramático. Os rapaces cren no que facemos, son traballadores, son disciplinados. O que nos falta é ter a sorte de coller dous resultados bos e que saibamos que facendo iso, podemos chegar a ser un equipo que compite ben".