RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela mantén o bloque de fabrilistas no primeiro equipo a 3 días do inicio ligueiro

#ANOSACANTEIRA gaña peso no primeiro equipo, tal e como xa advertiu Anquela nas súas roldas de prensa desta pretemporada. "Non caso con ninguén e se teñen que xogar, xogarán", repetiu o adestrador deportivista unha e outra vez en referencia aos xogadores do Fabril.

A 3 días do inicio de LaLiga SmartBank ante o Real Oviedo en ABANCA-RIAZOR (domingo 18 de agosto, 18:00 horas), e sen contar aos porteiros Alex Cobo e Viorel Boian, 5 fabrilistas traballaron esta mañá co primeiro equipo, como cada día desde o pasado 15 de xullo: Gandoy, Mujaid, Javi Sánchez, David Sánchez e Martí Vilà. A eles, con moitos minutos de xogo nos amigables de pretemporada, hai que sumar tamén a Valín e Bourdal, que foron titules onte á noite en Carballo co Fabril ante o Bergantiños CF, na final de Cópaa Deputación disputada nas Eiroas.

Esta mañá, após un quecemento e unha tarefa de posesión, os futbolistas realizaron un exercicio táctico ataque-defensa e, para concluír, un partido 11 contra 11 no campo 2, con Anquela impartindo constantes instrucións ao seu cadro, cunha palabra en todo momento nas súas frases: orde.

Mañá venres 16 de agosto, o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 10:00 horas.