RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela: "O único que hai que facer é traballar, crer no que se fai e tentar se cabe estar máis concentrados"

Juan Antonio Anquela mostrouse este mediodía en rolda de prensa en Abegondo "convencido de que, co que teño, imos saír adiante. Co que teño no bo sentido da palabra. Téñoo moi claro que o imos a sacar. E o único que hai que facer é traballar, crer no que se fai e tentar se cabe estar máis concentrados do que vimos facendo".

Cualificou ao Cádiz CF, rival mañá sábado 21 de setembro no Estadio Ramón de Carranza (16:00 horas, #Vamos) como "un señor equipo en todo. Teno clarísimo. O seu adestrador sabe o que hai que facer en cada momento e eles lévano a machada".

Así mesmo, confirmou que onte, sen el presente, o cadro reuniuse co Director Deportivo, Carmelo del Pozo, por espazo de dúas horas en Abegondo. "A min paréceme correctísimo. Antes do partido estivo o Presidente. O mundo do fútbol está así. Todo o que faga Carmelo é polo ben do Dépor. E non hai máis historia. Estou totalmente de acordo", engade.

A nivel persoal, confesa estar "tranquilo, ilusionado co traballo, coas ganas que lle poñen os futbolistas".

É máis, afirmou rotundo non estar preocupado polo seu futuro: "A min o único que me preocupa é o partido de Cádiz, competir e facer as cousas como hai que facelas. O demais non me preocupa o máis mínimo".

O técnico deportivista sostén que "debemos confiar en que isto vai cambiar. E ímolo a facer. Estou convencido de que o imos a facer". "É evidente que o Dépor ten que estar arriba, e ao final estou convencido de que estará. Non teño a máis mínima dúbida", áñade.

Iso si, coas estatísticas de goles marcados e encaixados na man, recoñece Anquela que "temos un problema gordo e hai que solucionalo".