RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Antonio Tomás, Cristian e Lafita incorpóranse ao traballo de grupo

Os futbolistas Antonio Tomás, Cristian e Lafita incorporáronse esta mañana ao adestramento do Deportivo. O tres superaron as súas lesións e xa están ás órdenes de Miguel Ángel Lotina.      &nbsp

  Segue á marxe do grupo Pablo Amo, quen con todo xa saltou ao céspede e realizou un traballo de rehabilitación física. O central madrileño recupérase dunha escordadura de nocello.
          Hoxe luns retirouse antes de que finalizase o adestramento Rodri, cunha leve sobrecarga de isquiotibiais.