RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Antoñito: "Imos ir partido a partido e con toda a ilusión do mundo para devolver ao equipo onde merece"

Antoñito, que este verán renovou o seu contrato unha temporada máis, asegura que o Dépor está "con ganas xa de empezar a competición, un pouquiño de incerteza pero hai que estar preparado para o que veña".

Despois de chegar a ABANCA-RIAZOR o pasado mes de xaneiro, a mediados de competición, recoñece que se atopa "motivado e ilusionado de estar aquí á primeira hora, de empezar todo isto co equipo; e cun reto moi importante que é subir co Deportivo. Sei que é un reto difícil, pero imos ir partido a partido e con toda a ilusión do mundo para devolver ao equipo onde merece".

Confesou non prestar moito interese a todo o extradeportivo que rodea o partido ante o DUX e a súa viaxe á Coruña pero opina que este asunto "tiña que estar resolto antes do calendario. Se queren que esta competición sexa bonita e á vez moi competitiva, estas cousas non poden pasar".

Recoñece que esta temporada o seu papel "cambia un pouquiño co trivote ese pero máis ou menos a filosofía é a mesma e o sistema tamén parecido. Cambia un par de aspectos, pero se así é mellor hai que axustarnos canto antes e poñer en marcha todo o que pide o míster para empezar a liga con máis tres".

Con Trilli como outro lateral dereito, Antoñito, un dos futbolistas con máis experiencia no fútbol profesional, recalca que "a competencia sa é boa para os dous e Trilli é un cabalo. Está xa aos poucos collendo o ritmo e ten moito futuro. Vaime tamén a facer sentir máis forte porque teño que estar a pelexar, correndo máis. É unha competencia boa, que xogue o que decida o míster, que sexa polo ben do equipo e entre nós a darnos a man e desexarlle o mellor ao que xogue".