RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
TERESA HERRERA

Anunciados o cartel do Teresa Herrera e a licitación das obras da cuberta de Riazor

Esta mañana tivo lugar no Salón Vermello do Palacio Municipal de María Pita a segunda reunión da Comisión de Seguimento do Convenio entre o Real Club Deportivo e o Concello da Coruña. Acompañados por t&eacu

Os acordos que se pecharon na reunión foron a luz verde para a aprobación en Xunta de Goberno da licitación da cuberta do estadio de Riazor así como as datas e o cartel do Trofeo Teresa Herrera.

O decano dos Trofeos estivais, o Teresa Herrera, recuperará este ano o formato cuadrangular e nel participarán, ademais do Deportivo, o Sporting de Portugal, o Nacional de Montevideo e o Sporting de Xixón. Disputarase os días 9 e 10 de agosto e a este catro partidos sumaranse o clásico mini Teresa Herrera para os equipos de base da cidade e a segunda edición do Teresa Herrera feminino. Este disputarase por primeira vez en Riazor.

A licitación das obras da cuberta do estadio será levada á Xunta de Goberno do próximo día 26. A obra de substitución dos 14.000 metros cadrados de cuberta está orzada nuns 2,9 millóns de euros, desenvolverase en dúas fases (un fondo e Tribuna e outro fondo e Preferencia) e espérase que, en función da actividade deportiva e a climatoloxía, poidan estar concluídas en dous anos, tras máis de 15 (e 22 anos nalgún caso) sen actuacións importantes nos teitos. O desenvolvemento da obra será o seguinte:

- Apeo de estrutura.

- Inspección de estrutura.

- Desmonte das placas da cuberta.

- Substitución de elementos danados.

- Nova protección superficial de mallas, mastros e correas.

- Colocación de novas placas en cuberta de policarbonato celular grecado

(no canto de PVC pola súa ser un material máis moderno e de maior durabilidad e resistencia)

- Reparacións de canlóns. Contrapesos, soportes de antenas e novo sistema antidesplazamiento en Tribuna.

O resto de obras, como aclarou Tino Fernández na posterior rolda de prensa, corresponden ao Club, que xa adxudicou as obras de mantemento e reparación dos aseos e asentos do estadio que “durante o propio Teresa Herrera xa se poderán ver”.

Noutra orde de cousas, Tino Fernández aclarou que “considerando que a LFP World Challenge é unha boa iniciativa á que fomos convidados a participar e que é unha boa oportunidade para relanzar a marca global que pretendemos ser como club de fútbol, a nós aínda non nos pecharon a proposta definitiva. A idea é ir cara ao final do mes de xullo e desde o Consello temos en conta a opinión da parte deportiva para que iso encaixe coa pretemporada que empezará en Monforte. Imos ver se finalmente confírmase pero a nosa decisión é estar e que o Deportivo pise escenarios internacionais, sexa en América ou en Europa, onde tamén temos ofertas, especialmente en Inglaterra e Italia”.

No referente á organigrama, o presidente confirmou que está “practicamente pechado, na parte deportiva estao e na empresarial falta por incorporar un posto, que sería unha dirección comercial e o resto de funcións e departamentos están xa cubertos”

E sobre os abonos da próxima tempada, que serán presentados a próxima semana, Tino Fernández asegurou que "non haberá subida con respecto a Primeira División, tomando como referencia a última tempada na máxima categoría". Do catro prezos que houbo ao longo dos meses "estamos no medio, tendo en conta que non aplicaremos ningún tipo de IPC, co que en realidade hai un desconto. Seguimos coa mesma filosofía: estadio cheo aumentando a base social. Preferimos máis diñeiro tendo máis xente que máis diñeiro con abonos máis caros e menos xente, iso témolo claro", concluíu.