RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao Fabril escápaselle o partido ante o Arosa na segunda metade

Ao Fabril escapáronselle os tres puntos no campo da Lomba ante o Arosa (3-1) nunha accidentada segunda parte.

O primeiro tempo foi igualado, cunha ocasión para cada equipo. A fabrilista protagonizouna Edu, cun remate na área que sacou un defensa local na mesma raia de gol.

O partido torceuse na segunda metade. Aos 20 segundos de xogo, o Arosa púxose por diante no marcador.

Pouco despois, os arousáns sentenciaron con dous goles de penalti. Jardel, en dúas ocasións, puido recortar diferenzas. Só Álex Corredera maquillou o resultado, xa con todo decidido.

A pesar da derrota, o Fabril continúa en postos de play off de ascenso a Segunda División B, posto que é cuarto con 45 puntos. Por diante marchan o Cerceda e Racing Villalbés (terceiro e segundo respectivamente con 46 puntos). Segue líder o Rápido de Bouzas, que suma 49 puntos.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Jardel, Manu Molina e Borja Galán. Tamén xogaron: Álex Corredera, Hugo Rama e Jorge Carreón.

O vindeiro domingo 12 de febreiro ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao Ordes.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arosa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)