RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao Fabril, que aínda non encaixou un só gol en liga, faltoulle fortuna para dobregar ao Arenteiro

O Fabril empatou (0-0) na súa visita ao CD Arenteiro, nun partido, correspondente á 3ª xornada ligueira en Terceira División, no que ao filial deportivista lle faltou fortuna en ataque para traerse os 3 puntos en xogo.

Neste arranque ligueiro, os pupilos de Luisito sobresaen en tarefas defensivas, posto que non encaixaron un só gol nos 3 partidos xogados, 2 deles lonxe de Abegondo.

A primeira parte no Carballiño foi de dominio fabrilista, cun gol anulado a Mario Losada nunha decisión arbitral polémica. Após o descanso, o xogo equilibrouse e as defensas impuxéronse ás dianteiras.

Con este resultado, o Fabril suma 5 puntos de 9 posibles e sitúase xa na zona alta da táboa.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Mujaid, Bourdal, Martí Vilà, Gandoy, Jawed Boumeddane, Aarón Sánchez, Villares, Javi Sánchez e Mario Losada. Tamén xogaron: Novo, Parga e Pedro.

O vindeiro domingo 15 de setembro ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao Alondras CF.

Os resultados do Fabril no que vai de competición son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0