RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao Infantil B escápaselle o triunfo despois de ir gañando 1-4

O Infantil B empatou ante a Compañía de María (4-4) en partido da 13ª xornada no grupo 1º de Primeira Autonómica. O empate sabe a derrota, posto que os branquiazuis gañaban 1-4, pero en apenas 15 minutos, os colexiais foron capaces de igualar.

Barral, Mardones, Ayana e Carballo foron os autores dos goles deportivistas.

Con este resultado, o Infantil B é líder do grupo con 31 puntos, con 2 puntos de vantaxe sobre o Orillamar, que ten 29 puntos e un partido menos xogado.

Infantil B: Marcos, Diego, Rubén, Miguel, Luís, Álvaro, Marco Baña, Trigo, Ayana, Barral e Héctor. Tamén xogaron: Carballo, Oreiro e Torres.

A próxima fin de semana, o Infantil B recibe ao Sporting Coruñés en Abegondo.

Os resultados do Infantil B até a data en liga son os seguintes:

Infantil B 3 (Dani, Trigo e Diego) - Victoria B 2
Atlético Arteixo 0 - Infantil B 3 (Dani, Luis e Héctor)
Infantil B 3 (Marco Baña, Javi Barral e Pablo Trigo) - Sporting Cambre 3
Atlético Coruña Montañeros B 1 - Infantil B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)
Infantil B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - Imperátor B 1
Calasanz B 1 - Infantil B 3 (Barral, Xosé e Adrián)
Infantil B 3 (Marco Baña, Álvaro e Carballo) - Bergantiños B 1
Orillamar 2 - Infantil B 2 (Trigo e Dani)
Infantil B 3 (Trigo, Zerfu e Barral) - Santa María del Mar 3
Maravillas A 0 - Infantil B 8 (Barral -2-, Diego -2-, Miguel, Rubén, Álvaro e Zerfu)
Infantil B 11 (Diego, Barral -2-, Mardones -2-, Iván, Trigo -2-, Óscar e en propia meta -2-) - Laracha 0
Obrero 3 - Infantil B 8 (Javi -3-, Dani -2-, Pablo e Adrián -2-)
Compañía de María 4 - Infantil B 4 (Barral, Mardones, Ayana e Carballo)