RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao Infantil escapáronselle dous puntos en Ourense na recta final do partido

Ao Infantil escapáronselle dous puntos no campo Miguel Ángel de Os Remedios ante o Pabellón Ourense CF (1-1) na recta final do partido, correspondente á 2ª xornada da División de Honra.

Borja adiantou aos branquiazuis no minuto 65 pero igualaron os locais no 79 após un disputado encontro.

Con este resultado, o Infantil suma 4 puntos de 6 posibles no que vai de liga.

Infantil: Diego, Joaquín, Sergio, Adrián, Samba, Xoel, Roi, Mauro, Casuso, Nico e Yago. Tamén xogaron: Íker, Borja e Joel.

A próxima fin de semana, o conxunto que dirixe Jonathan Martín 'Granada' recibe en Abegondo ao EF Portero 2000.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Íker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)