RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Ao Orzán SD Xuvenil Feminino escapóuselle a vitoria na Torre ante o PM Friol B (3-3) debido aos erros defensivos.

As orzanistas, grazas aos goles de Ana Capelo -2- e Nuria Gómez, puxéronse até tres veces por diante no marcador no seu partido ante o PM Friol B, pero as lucenses sacaron proveito dos fallos en defensa dos seus rivais: 3-3.

Aínda por riba, a expulsión de Uxía López no minuto 62, xa con 3-3 no marcador, obrigou ao Orzán SD Xuvenil Feminino a aplicarse en defensa e atrasar posicións para polo menos amarrar un punto.

Co resultado deste partido correspondente á 7ª xornada, o Orzán SD Xuvenil Feminino é cuarto na táboa do subgrupo A da Primeira División Galega con 8 puntos, a 4 do líder, o CD Lugo, que ten 12 puntos pero tamén un partido máis xogado.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Lucía Mariño, Celia Sousa, Uxía López, Daniela Agilda, Antía Brage, Iria Otero, Valeria Filgueira, Sara Cercido, Noe Gómez e Ana Capelo. Tamén xogaron: Martina Rivas, Lucía Fuentes, Macarena González, Irene Arcay e Ivana Fernández.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino visitará ao SD O Val.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:

SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2
SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
CD Lugo 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Nuria Gómez) - PM Friol B 3