RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao Xuvenil B escapóuselle o triunfo ante o Alondras após ir por diante 2-0

O Xuvenil B caeu en Abegondo ante o Alondras CF (3-4) no primeiro partido da Liga Nacional.

A derrota doeu especialmente porque os branquiazuis marchaban por diante no marcador (2-0) no minuto 40 de encontro. A partir de aí, espectacular reacción dos pontevedreses, que chegaron a situarse 2-4. Os tantos branquiazuis foron obra de Noel, Añón e Urdiales.

Xuvenil B: Adrián, Aye, Añón, Ian Tobar, Dani Barcia, Pablo Martínez, Mario Nájera, Portas, Noel, Urdiales e Padín. Tamén xogaron: Do Carmo e Jairo.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao RC Celta B, en #ONOSODERBI da categoría.