RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aouate, Zamora do ano 2007, ten bos mestres: Acuña, Liaño e Songo`ou

O Deportivo de 2007 segue sendo o equipo máis sólido da liga. Outra vez, e xa van tres partidos consecutivos, Mallorca, Vilarreal e Levante, o conxunto que dirixe Joaquín Caparrós mantivo a cero a súa portaría. Dudú Aouate só encaixou dous tantos desde o

Pero repasando a clasificación histórica, Aouate ten claros exemplos no vestiario deportivista. Antes que el, o mítico Juan Acuña, en catro ocasiones; Liaño, por dúas veces; e Songo´ou lograron o Trofeo Zamora ao final de tempada, tal e como apunta na súa edición de onte o diario deportivo Marca. En total, en sete tempadas foi o Dépor o equipo máis sólido do campionato. Só lle superan Real Madrid, Barcelona e Valencia. Precisamente o tres equipos, ademais do Atlético de Madrid, que van por diante do Deportivo en España na clasificación histórica do fútbol mundial que elabora a Federación Internacional de Historia e Estatística (IFFHS) e que sitúa ao Club no posto 23 do mundo.
Este bo facer defensivo de todo o grupo neste 2007 plásmase en puntos. Neste ano 2007, o Deportivo sería segundo na clasificación, con 13 puntos, os mesmos que o Xetafe. A Valencia sería o líder, con 15 puntos.