RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Aprazado de novo o partido desta tarde en Vigo entre o Coruxo FC e o Xuvenil B

O partido entre o Coruxo FC e o Xuvenil B, correspondente á 4ª xornada da segunda fase da liga Nacional, grupo 1C de ascenso, e previsto para esta tarde no campo de Fragoselo (Vigo), foi aprazado por un caso de COVID-19 no vestiario deportivista.

Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

Así mesmo, tamén queda pendente se se celebra ou non a última xornada desta segunda fase o domingo 23 de maio ás 12:00, en horario unificado para todos os partidos con incidencia na clasificación. Nesta última cita, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao RC Celta B.

Deportivistas e célticos marchan igualados á fronte da táboa con 58 puntos, aínda que os pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher teñen aínda pendente o citado encontro ante o Coruxo FC.