RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Aprazado o amigable do Xuvenil B deste sábado ante o Pontevedra CF

O partido amigable do Xuvenil B ante o Pontevedra CF, previsto para este sábado 14 de agosto ás 11:30 no campo de O Monte, foi aprazado.

O motivo do adiamento é un positivo de COVID-19 no vestiario branquiazul, o que obrigou aos Servizos Médicos do Real Club Deportivo a confinar a esta persoa e os seus contactos estreitos tal e como establece o protocolo sanitario.

O campión da Liga Nacional arrincou o pasado 3 de agosto a pretemporada. O conxunto deportivista está dirixido por Alejandro Antón. Completan o corpo técnico José Manuel 'Noni' Arroxo (segundo adestrador) e Toño Ventura (preparador físico).

Os xogadores que están a facer a pretemporada son os seguintes:

- Porteiros: Yago Moreira (cadete) e Unai García

- Defensas: Rubén Vilela, Martiño Caneda, Yago Monteagudo, Jorge Oreiro (cadete), Lucas Taibo (cadete) e Gabriel Ares

- Centrocampistas: David Carreira, David López (procedente do Ural CF), Pedro Moraña, Adrián Lombao e Marco Baña

- Dianteiros: David Domínguez, Kevin Sánchez, Juan Barros (cadete) e Mesfín Gómez (cadete)

Ademais, Álejandro Delgado, Álvaro Mardones, Alejandro Montero, Nuno Rivero, Rodrigo Toja, Carlos Rodríguez, Adrián Ogando e Noah Rodríguez adéstranse co Xuvenil A que dirixe Manuel Pablo.