RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazado o partido do Fabril ante o Atlético Arnoia deste xoves 6 de xaneiro

O primeiro partido oficial para #ANOSACANTEIRA este ano 2022, o do Fabril deste xoves 6 de xaneiro ás 18:00 na Cidade Deportiva ante o Atlético Arnoia, foi aprazado polo Xuíz Único de Competición da Federación Galega de Fútbol debido a COVID-19 no vestiario do filial deportivista.

O encontro corresponde á 14ª xornada xa foi aprazado o pasado 5 de decembro por un caso de COVID-19 no equipo ourensán. Segundo dita a resolución do Xuíz Único, o choque xogarase "nunha data o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

A Fabril marcha na sexta posición na táboa de Tercera RFEF con 24 puntos.