RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Aprazado o partido do Orzán SD Xuvenil Feminino por COVID no Bergantiños CF

O partido do Orzán SD Xuvenil Feminino nas Eiroas ante o Bergantiños CF, correspondente á 12ª xornada no subgrupo A de a Primeira División Galega, foi aprazado por casos de COVID no vestiario do equipo bergantiñán.

Agora será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data para disputarse o partido, o máis próxima posible no tempo, pero iempre no momento no que o permitan as condicións sanitarias.

Así pois, o Orzán SD Xuvenil Feminino queda na terceira praza do subgrupo con 15 puntos.

A próxima semana, o equipo orzanista recibe en La Torre á SD Antas.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:

SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2
SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
CD Lugo 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Nuria Gómez) - PM Friol B 3
SD O Val 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril e Laura Otero)
Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero e Ana Capelo -2-) - Victoria CF B 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Iria Otero) - SD Tordoia 1
Bergantiños CF - Orzán SD Xuvenil Feminino, aprazado