RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazado o partido do Xuvenil A desta fin de semana ante o Real Racing Club

O partido do Xuvenil A en Abegondo ante o Real Racing Club de Santander, previsto para esta fin de semana e correspondente á 4ª xornada da División de Honra, segunda fase grupo 1C, foi aprazado por COVID-19 no vestiario deportivista.

Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

O Xuvenil A, líder con 50 puntos por 47 do RC Celta, será campión da segunda fase se consegue a vitoria neste partido; e, de paso, os pupilos de Óscar Gilsanz clasificaranse para a Copa de Campións.