RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubia e Laure encomian o apoio que terá o Dépor mañá sábado

var ivPlayer238414 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer238414.playVideo('player238414', 'rp_laure_abegondo_09-03-2012.flv', fals

Dani Aranzubia tamén definiu en rolda de prensa como "impresionante" o apoio de máis de mil afeccionados que terá mañá sábado o Deportivo nas bancadas do Estadio Pedro Escartín de Guadalaxara. "É un motivo máis para saír a por o triunfo", insistiu o internacional deportivista.

Non lle preocupa o que poida pasar esta noite no Celta - Numancia. "Pase o que pase teremos que saír a gañar, ou ben para recuperar o liderado ou ben para distanciar ao segundo". Aranzubia é dos que pensa que "os afeccionados é lóxico que miren ao Celta e queiran estar por encima deles, pero loxicamente o importante é afastar aos terceiros. Canto antes fagámolo, moito mellor".